domingo, junio 04, 2023

Santuario Da Virxen Do Corpiño - (en Gallego)

Dentro das numerosas e variopintas festas e celebracións que ao longo do ano se desenvolven na Galiza, sobresale con forza a romería dedicada a Nosa Señora do Corpiño, que se celebra o 23 - 24 Xuño. Así, endemoniados, poseídos do Meigallo, e por extensión todos aqueles que teñen a sua paz espiritual ou corporal perturbada por calquer razón, acudirán, voluntariamente, ou seguindo os atentos consellos dos seus achegados, a este Santuario donde, sen dúbida algunha, remedio aos seus males atinxirán.

O Corpiño está situado na parroquia de Santa Eulalia de Losón, na beira do río Deza, nunha rica comarca agrícola, e ocupa unha situación pode decirse que “ideal” no centro da Galiza, na confluencia das provincias de Pontevedra, Lugo e A Coruña, e dos Obispados de Santiago e Lugo, e ainda é mais central a sua situación no imaxinario colectivo dos galegos, o que contrasta con a pouca publicidade que recibe o Santuario fora das fronteiras do país. Así encóntranse poucas ou ningunhas referencias na bibliografía do resto da Península. Pódese dicir que o Corpiño forma parte dun número de santuarios, como os Milagres de Amil ou San André de Teixido, que teñen moita presencia na relixiosidade popular e pouco recoñecemento oficial e, nalgúns casos como éste, nin siquera teñen gran repercusión turística, a pesar das decenas de miles de persoas que alí acuden, o que tamén contribúe a conservar dalgún modo un tipo de celebración que lentamente vai desaparecendo noutras terras, pero que na Galiza disfruta de sorprendente boa saúde.

Nunha terra de pouca ou ningunha tradición mística, a relación con Deus, e moito mais aínda con a sua xenuína representante na Terra, a Virxe María, que actúa a través das suas Aparicións, Mensaxeira Privilexiada e Nai (A Galiza é un exemplo acabado de cultura matriarcal) ten un aspecto de retribución: os fieis acuden aos Santuarios coa perspectiva de obter algo, principalmente unha curación ou resolución de calquer tipo de problemas, en último caso a Salvación da Condenación Eterna, que está firmemente arraigada na alma galega. Moito mais se intervén o Demo...

No século VIII vivía nunha cova do Monte Carrio un home santo, que tiña unha ermita dedicada a San Adrián, moi devoto da Virxe, en honor da cual predicaba sermóns e pláticas aos veciños que iban a escoitalos.Un dia apareceu morto, pero estando o seu corpo incorrupto, os lugareños decideron construir unha capela para conmemoralo. Durante varios séculos, e supostamente a causa da invasión de Almanzor, que tantos estragos, reales ou ficticios causou na Galiza, a capela ficou abandonada, hasta que, no século XII, unhos pastores acercáronse as ruinas para guarecerse da chuvia que estaba por caer. Con grande sorpresa, observaron que un resplandor xurdía da vexetación, e, acercándose, recoñeceron a Virxen, con o seu Fillo e un ramo de flores. Esta aparición marcou o inicio do culto, que con mais ou menos intensidade, chega aos nosos días.

O actual Santuario ocupa o lugar do edificado no século XII, e foi construido entre 1743 e 1802, e adquiríu a sua fisionomía actual entre 1867 e 1900, o que fai supoñer que o culto tivo un rexurdimento recente, como tantos outros ao longo da xeografía galega, que datan entre a segunda metade do século XIX e principios do XX.

A peregrinación principal ao Corpiño celébrase entre a noite do 23 e a misa do 24 de xuño, aunque en realidade prolóngase ó longo de toda a semana. Outras peregrinacións menores celébranse os dias 25 de Marzo e 1 de Maio, pero pode dicirse que durante todo o ano, e principalmente os fins de semana, a Virxe é visitada por xentes chegadas de todo o país. No lugar pódense atopar pensións, donde pernoctan os pacientes na procura de alivio corporal e espiritual, e alí permanecen durante toda a duración do “tratamento”.

É creencia popular que a Virxe do Corpiño exerce poderes sobrenaturais sobre locos e enfermos. Fai anos acudían principalmente os que padecían do “meigallo” e o “ramo cativo” con os seus familiares e deudos.

Chámase meigallo a unha posesión diabólica realizada directamente polo Demo, por unha tercera persoa como unha meiga (bruxa) ou incluso polo propio posuído. Maniféstase de diversos modos, como convulsións, retorcemento de ollos, expulsión de espuma pola boca, profusión de expresións soeces, blasfemias, vómitos, e o sinal mais inequívoco é a negativa ou oposición con forza case invencible a entrada nunha igrexa, e, sobre todo, a tolerar a exposición dunha Hostia.

O meigallo cúrase normalmente mediante a realización de exorcismos, por sacerdotes, ainda que, actualmente é efectuado mais frecuentemente por sacristans, e en concreto, por sacristanas. Nun país de cultura matriarcal, non pode ser doutro modo.

Tamén pódese entender por meigallo outro tipo de “afeccións” menores ou mais difusas que non teñen por qué revestir, por así dicir, a gravedade do descrito anteriormente, e incluso pódese tratar con fins “preventivos”.

Xeralmente, enténdese a persoa afectada con o “meigallo” como un histérico que ten algún tipo de conflicto e o manifesta mediante convulsións, gritos, que entendíanse popularmente como obra do Demo, (non necesariamente por parte do propio afectado, pode ser por aqueles que “lle queren ben”). Por non falar de simples afeccións como epilepsia que eran mal comprendidas, e peor ainda, todo tipo de disturbios psíquicos que non encontraban (ou non encontran) mellor explicación.

O meigallo é tanto expresión dun problema individual, real ou ficticio, como a expresión da loita entre o Ben e o Mal, entre Deus e o Demo, e cúrase despois de que esa loita sexa vencida a través dalgún tipo de rito ou ceremonia de carácter relixioso, donde o posuído “recoñece” a natureza do seu mal, a posesión diabólica, para proceder a sua expulsión, se pode.

Durante a misa do Corpiño, os enfermos e poseídos gritan, xuran e maldicen, resistíndose a entrar no templo. A tradición asegura que gritando e maldecindo durante a misa e besando despois o santo, recobran as súas facultades as persoas que teñen trastornada a mente. O sacristán aplícaballes un hisopo empapado en aceite de lámpada que provoca un vómito aos posuídos en tanto os familiares lles golpeaban na espalda. Noutros tempos as “rosareiras” (vendedoras de rosarios) axudaban tamén a expulsar o demo dos corpos dos endemoniados, dándolles trallazos cos rosarios e insultándoos con blasfemias e insultos como:

PORCO!, QUÉRESTE QUEDAR CO DEMO DENTRO, BÓTAO FORA!
LUCIFER, MARICÓN, BÓTAO PARA FORA!

Ficando exhausto, o “doente” comenzaba a botar espuma pola boca, momento no que se aproveitaba para introducir unha moeda romana entre os seus dentes, depois do que considerábase curado, axeonllándose en acción de gracias os familiares e acompañantes. Existe a crenza de que ó sair o diabro do corpo do posuído tenta de aloxarse no corpo de algún dos presentes, polo que é necesario, para evitalo, tapar a boca e ouvidos con panos, chegando nalgúns casos a sentarse na pila da auga bendita para impedilo.

Hoxe, normalmente non se chega a estos extremos, pero aínda podemos asistir a escenas de histeria colectiva, e por suposto, innúmeras liberacións do Diabro. Algo fica se hai quen sostén que é recomendable vestir roupas vellas que depois teñen que ser tiradas no río... Tamén acúdese por moitas mais razóns que as referidas exclusivamente aos casos de “posesión” mais ou menos diabólicas. Así acuden desde xentes que padecen enfermedades incurables, como recursos desesperados, hasta nais preocupadas porque os seus bebés choran demasiado frecuentemente, e quen sabe por qué razón o fan...

Temos que precisar que en ningún caso nos encontramos ante casos de exorcismos o expulsión do Diabro no sentido en que o entende a Igrexa Católica, pero tamén é probable que esto interese moi relativamente a quen alí acude en busca de alivio aos seus problemas. E tampouco pódese decir que resulte un fenómeno indiferente a propia Igrexa, que de aquí procura interesantes beneficios, tanto materiais como espirituais. Calcúlense as esmolas, que non son obligatorias, pero que axudan, de decenas e decenas de miles de persoas que alí acuden solo nos días principais, e que poden depositarse nos numerosos puntos habilitados en torno da Basílica, debido a imposibilidade física de acollemento no edificio. Así tamén poden atoparse numerosos puntos de Penitencia, venta de ex-votos e incluso lugares de colocación dos mesmos fora do Templo debido a imposibilidade de acoller todos os que chegan. De este modo constitúese unha cadea perfecta de penitencia, perdón, contribución e adquisición.

Pode ser que noutras latitudes este tipo de cultos poideran merecer a reprobación das autoridades eclesiásticas, aquí non é así, e tamén é verdade que non son abertamente fomentados e hasta pode ser que privadamente sexan reprobados. Asímesmo, é certo que a implantación doutro tipo de cultos externos a propia Igrexa Católica é moito mais minoritaria, e prácticas mais “heterodoxas” vense así aceptadas de forma mais pacífica, tolerante, e , sobre todo, rediticia.

Todo isto refírese aos que podemos chamar casos normais ou ordinarios, é dicir, enfermos, mais ou menos graves e de índole diversa, malestares físicos e doutra índole, ainda que isto non se corresponde necesariamente con as primitivas facultades de curación atribuídas ao santuario. Os casos de Meigallo son outra cousa e merecen, e de feito receben, un tratamento especial, que culmina na Misa do 24 de Xuño.

NOVENA DO CORPIÑO

Madre mia do corpiño
Luz que toda luz encerra
Alegría da terra,
Dame enteiro o teu cariño.

No teu Santuario sagrado
Consuelo acha o aflixido
Encontra guía o perdido
E cura o endemoniado.

Eres a gloria do Deza,
Do país gran lumiar
Os teus romeiros a cantar
Veñen, Madre, a tua grandeza.

Vos descubrís os achaques
Do espíritu maligno
Por vos moitos voltan sanos
De malvados feitizos

Aquí formaches o teu nido
Branca e celestial paloma
E aquí ven o povo unido
Como a sua pequena Roma

Da Coruña e de Lugo
De Ourense e Pontevedra
Todos encontramos xugo
Hasta na tua imaxe de pedra

E pronto o mundo enteiro
Vendremos en romería
Que o mundo fáise romeiro
Se lle falan de Ti, María!


BIBLIOGRAFÍA
Salgado Toimil, R. El Corpiño. 1929
Sá Bravo, Hipólito de, El Monacato en Galicia. Vol II 1974
Sá Bravo, Hipólito de, Boticas Monacales y Medicina Naturista en Galicia. 1983
Gran Enciclopedia Gallega, Nuestra Señora del Corpiño, por Daniel González Alén.
Cardeso Liñares, José, Santuarios Monacales de Galicia, Fundación Caixa Galicia 1995
Risco, Vicente. Etnografía de la “Historia de Galicia” dirigida por Otero Pedrayo. Buenos Aires 1962. Madrid 1979.
Lisón Tolosana, C. Brujería, estructura social y simbolismo en Galcia. 1979
Costa Clavell, Xavier, Bandolerismo, Romerías y jergas gallegas
Fraguas Fraguas, La Galicia insólita

______________________
Manuel Angel Seoane é jurista, natural da Galiza, Espanha.

#fengshui #misterio #crecimientopersonal #ovni #ovnis #esoterismo #psicología #religiones #sectas #conspiraciones #templarios #caballerostemplarios #masonería #magia #metafisica #terapiasalternativas #angeles #guiasespirituales #autoayuda #chamanismo